uBO Lite (uBOL) é un bloqueador de contido baseado en MV3.

O conxunto de regras predeterminado corresponde ao conxunto de filtros predeterminado de uBlock Origin:

- Listas de filtros integradas de uBlock Origin
- EasyList
- EasyPrivacy
Lista de servidores de seguimento e anuncios de Peter Lowe

Podes activar máis grupos de regras indo á páxina de opcións -- preme na roda dentada no panel emerxente.

uBOL é totalmente declarativo, o que significa que non é necesario un proceso permanente de uBOL para que se produza o filtrado e o filtrado de contido baseado en inxección de CSS/JS realízao de forma fiable o propio navegador en lugar da extensión. Isto significa que o propio uBOL non consume recursos de CPU/memoria mentres o bloqueo de contido está en curso -- o proceso do traballador do servizo de uBOL é necesario _só_ cando interactúas co panel emerxente ou coas páxinas de opcións.
